Publicador de contidos
Publicador de contidos

As persoas que paseen cans pola Coruña deberán limpar os ouriños que deixen na rúa

As persoas que paseen cans pola Coruña deberán limpar os ouriños que deixen na rúa

A nova ordenanza obriga a levar unha botella de auga con limón ou bicarbonato

Na Coruña hai censados ao redor de 30.000 cans

G24.gal 16/04/2023 14:16 Última actualización 16/04/2023 14:30

O Concello da Coruña introduciu cambios na ordenanza que regula a tenza de animais. Ademais de endurecer as sancións, introduciu unha nova norma que obriga os donos a limpar os ouriños dos cans na rúa.

Os propietarios terán que levar unha botella de auga, mellor mesturada con algo de limón ou bicarbonato, para limpar os ouriños.

A medida entrará en vigor en dous meses, pero moitos propietarios xa incorporaron a botella de auga aos paseos. A cidade ten censados ao redor de 30.000 cans.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade