Os empresarios de Galicia, Asturias e León piden impulsar o Corredor Atlántico
Os empresarios de Galicia, Asturias e León piden impulsar o Corredor Atlántico
Na Confederación de Empresarios de Galicia sinalan que todo pasa por "contar cunhas infraestruturas de transporte que permitan competir en tempo e en custos"
Representantes empresariais de Galicia, Asturias e León presentaron na sede da CEOE o informe Corredor Atlántico: clave para o desenvolvemento de España. Consideran que as infraestruturas son para as empresas fundamentais para a competitividade dos territorios. Antonio Garamendi, presidente da CEOE, lembra a importancia do Corredor Atlántico para que as rexións do noroeste de España poidan converxer co resto de rexións de Europa.
Na Confederación de Empresarios de Galicia sinalan que todo pasa por "contar cunhas infraestruturas de transporte que permitan ás empresas competir en tempo e en custos e dean aos territorios a posibilidade de atraer persoas".