Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os encoros están case ao 90 % e os caudais duplican os dun ano normal

Os encoros están case ao 90 % e os caudais duplican os dun ano normal

O sistema vaise coordinando para darlle saía á auga tentando minimizar as enchentes

G24.gal 20/01/2023 15:00

Moitos encoros e presas de Galicia ofrecen hoxe un espectáculo visual: comportas e aliviadoiros abertos librando auga para regular o enorme caudal, consecuencia da chuvia destes días e tamén do desxeo das neves nas zonas de montaña.

Cada unha das presas vai recollendo e regulando as achegas de cada afluente e cada regato segundo os requirimentos do sistema hídrico. Hoxe o caudal que multiplica por dous o habitual desta época do ano. E por catro, o volume do ano pasado, segundo datos da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Había tempo que non chovía tanto, e que os encoros galegos non recibían tantas achegas.

O encoro de Chandrexa de Queixa poucas veces ten que verter, pero entre a chuvia e o desxeo, deixa hoxe un panorama impresionante.

Hai tanta auga, que despois de meses de seca Galicia pasa ao extremo oposto e superou hoxe o 86 por cento de ocupación media.

Os encoros de cabeceira de conca, os que están máis augas arriba, son os que teñen máis capacidade de regulación. E por iso, todo o sistema vaise coordinando para darlle saía á auga tentando minimizar as enchentes. Por iso hai encoros aínda con capacidade para recibir.

Non é o caso do de Portodemouros, cun curioso sistema para rebordar por arriba ao alcanzar o máximo que os veciños da zona non vían desde hai anos.

Recupéranse as partes baixas das concas e espérase que pouco a pouco vaian recuperando tamén a normalidade nas zonas altas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade