Os equipos galegos afrontan a xornada en dinámicas diferentes na 1.ª RFEF
Os equipos galegos afrontan a xornada en dinámicas diferentes na 1.ª RFEF
Imanol Idiakez xoga o posto ante o Barcelona Atlético
O Arenteiro quere continuar a boa dinámica na visita do Sabadell
O Celta Fortuna visita Logroño buscando recuperarse da última derrota
Mañá domingo veremos dous partidos da Primeira Federación na nosa segunda canle. As cinco, o encontro que disputará o Deportivo ante o Barcelona Atlético no estadio Johan Cruyff. Un compromiso máis que delicado no que pode estar en xogo o posto de Imanol Idiakez.
O asunto é que o Deportivo acumula decepcións e non reacciona. Negado nas dúas áreas, o equipo coruñés está moi lonxe dos seus obxectivos, malia os datos que manexa o corpo técnico.
Pode que os expecting sexan bos, pero pouco máis. Iso si, volve David Mella. O outro partido que veremos na G2 é o do Arenteiro, que cun estado de ánimo ben distinto recibe o Sabadell no Espiñedo as sete da tarde. Logo do triunfo en Lugo a pasada xornada, os de Javi Rey teñen a oportunidade de instalarse na zona nobre da clasificación. Será sen Marquitos, quen estará dous meses de baixa.
Tamén xoga o domingo o Celta Fortuna, que visita o Logroñés co obxectivo de recuperarse trala derrota do pasado domingo ante a Real Sociedade B.