Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Estados Unidos soben os tipos de xuro un 0,25%

Os Estados Unidos soben os tipos de xuro un 0,25%

Os tipos pasan a situarse nunha pinza de entre o 5,25 % e o 5,5 %

G24.gal 26/07/2023 20:53

A Reserva Federal dos Estados Unidos renovou este mércores as subidas dos tipos de xuro, tras decidir unha pausa en xuño, ao aumentar as taxas 0,25 puntos porcentuais.

Desta maneira, os tipos pasan a situarse nunha pinza de entre o 5,25 % e o 5,5 %, acadando o seu máximo nivel desde 2001.

A Reserva Federal adoptou esta decisión tras unha reunión de dous días na que se avaliou o resultado da política monetaria alcista aplicada durante o último ano para combater a inflación.

Nun comunicado, explicou que os indicadores máis recentes apuntan a que a actividade económica se expandiuse a un "ritmo moderado".

A pesar de que a creación de postos de traballo foi "sólida nos últimos meses" e a taxa de desemprego permaneceu baixa, "a inflación continúa elevada".

Destacou que o sistema bancario é forte e resistente, aínda que considerou que é probable que as axustadas condicións de crédito para as familias e empresas "pesen" sobre a actividade económica, as contratacións e a inflación.

A Fed remarcou que o seu obxectivo é lograr o máximo emprego e unha taxa de inflación do 2 % no longo prazo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar