Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Estados Unidos tentan esgotar a vía diplomática e Rusia segue despregando tropas

Os Estados Unidos tentan esgotar a vía diplomática e Rusia segue despregando tropas

Civís ucraínos fan adestramentos militares ante unha hipotética invasión rusa

Os Estados Unidos pedirán unha reunión ao Consello de Seguridade das Nacións Unidas

G24.gal 31/01/2022 15:00

Os Estados Unidos tentan esgotar a vía diplomática con Rusia. Hoxe celebra o Consello de Seguridade de Nacións Unidas para evitar o choque. Mentres, Rusia está a enviar subministracións de sangue á fronteira con Ucraína.

A acumulación de tropas rusas na fronteira de Ucraína inclúe a subministración de sangue para tratar os posibles feridos. O último sinal, segundo a axencia Reuters é que a ameaza militar rusa é crible. Ademais, expertos consultados pola Televisión de Galicia afirman que a mobilización continúa e que Rusia ten en Belarús soldados do oriente ruso, o que supón un enorme gasto económico.

Ucraína pediu a Rusia que retire as tropas das fronteiras e se realmente ten intención de negociar e os Estados Unidos xogarán hoxe a carta das Nacións Unidas. Pedirán ao Consello de Seguridade celebrar unha reunión para falar da posible invasión rusa a Ucraína, unha reunión que Rusia ten previsto vetar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade