Os estudantes buscan piso para o vindeiro curso a través de grupos de WhatsApp
Os estudantes buscan piso para o vindeiro curso a través de grupos de WhatsApp
Os universitarios teñen varios grupos onde poñen en común a información
E agora comeza para moitos a extenuante tarefa de buscar un piso para o vindeiro curso. Cada vez xorden máis grupos de WhatsApp que actúan como unha ferramenta de intercambio de información e que, segundo os rapaces, é máis rápida e efectiva que a vía clásica das inmobiliarias.
Todos coñecemos as longas ringleiras diante das inmobiliarias cando chega a primeira quincena de xuño, pero a última ferramenta para rematar canto antes este calvario é a rede de mensaxería de WhatsApp e certos foros que fan a mesma función de contacto.
Os estudantes envían as súas preferencias de zona, o seu límite orzamentario e o número de persoas que son. Pasada toda a información, cada un ponse en contacto con quen lle interesa por privado. Din que coas inmobiliarias perden moito tempo e que cada vez é máis complicado xestionar a procura dun piso.
As propias publicacións das redes sociais como Instagram e Twitter convértense nunha especie de portal inmobiliario con vistas ao 1 de xullo, cando se liberan a maioría dos alugueiros universitarios.