Os estudantes que aprobaron a ABAU botan contas para saber se chegan á nota de corte
Os estudantes que aprobaron a ABAU botan contas para saber se chegan á nota de corte
As notas de corte máis altas do ano pasado foron os dobres graos de Matemáticas e Física, Enxeñería Informática e Matemáticas, seguidos por Medicina, todas elas na USC
O prazo para realizar as preinscricións abre o 19 de xuño
O 96 % dos alumnos presentados superaron a ABAU: consulta a lista de aprobados
Xa saíron as notas dos exames de acceso á universidade en Galicia, e nesta primeira convocatoria aprobaron máis do 96 % dos alumnos; iso si, aprobar non sempre é suficiente.
As carreiras que esixiron unha nota máis alta o ano pasado foron dous dobres graos da Universidade de Santiago: o de Matemáticas e Física, con case un trece e medio, e o de Enxeñería Informática e Matemáticas, cun 13. A terceira foi Medicina, tamén da USC, con case un 12,7.
As notas de corte deste ano aínda non se saben, pero as do curso pasado sérvenlles aos alumnos para botar contas.
Tras uns días nos que os alumnos poden solicitar a revisión das correccións, o próximo 19 de xuño abrirase o prazo para a prescrición que rematará o un de xullo.