Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os EUA vetan a importación de vodka, diamantes e mariscos rusos

Os EUA vetan a importación de vodka, diamantes e mariscos rusos

Biden veta así os "distintivos" da economía rusa como o vodka e o caviar 

O G7 anuncia plans para retirar o trato comercial favorable a Rusia

Valoran unha posible imposición de aranceis a Moscova como represalia

Os EUA vetan produtos rusos como o vodka ou o caviar Os EUA vetan produtos rusos como o vodka ou o caviar
G24.gal 11/03/2022 19:06

O presidente dos Estados Unidos, Joe Biden, anunciou a prohibición de importar vodka, diamantes, pescado e mariscos de Rusia como nova sanción económica. Veta así os "distintivos" da economía rusa ao incluir, ademais do vodka, o codiciado e simbólico caviar. 

O presidente estadounidense alertou a Vladímir Putin de que o seu país pagará "un alto prezo" se usa armas químicas ou biolócicas en Ucraína, e volveu insistir en que Washington defenderá "cada centímetro" do territorio dos aliados da OTAN.

Biden deixou claro de novo que quere evitar calquera confrontación directa entre a OTAN e Rusia porque iso suporía o inicio da Terceira Guerra Mundial.

O G7 anuncia plans para retirar o trato comercial favorable a Rusia

Os líderes do G7 anunciaron este venres os seus plans para poñer fin ao seu trato comercial favorable a Rusia, o que abriría a porta á posible imposición de aranceis a Moscova como represalia pola súa invasión de Ucraína.

O anuncio do G7 produciuse nun comunicado distribuído en Washington pola Casa Branca e pouco despois de que o presidente estadounidense, Joe Biden, confirmase a decisión adiantada onte de poñer fin á súa alianza comercial con Rusia.

"Asegurarémonos de que os produtos das compañías rusas non reciben un trato comercial favorable nas nosas economías", anunciaron nun comunicado os líderes do G7, que está integrado por Estados Unidos, Alemaña, Canadá, Francia, Italia, Xapón e Reino Unido.

Ademais, o G7 anunciou que está a traballar para pechar a Rusia calquera fonte de financiamento procedente de institucións financeiras internacionais como o Fondo Monetario Internacional (FMI), o Banco Mundial (BM) e o Banco Europeo para a Reconstrución e o Desenvolvemento (BERD).

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade