Publicador de contidos
Publicador de contidos

Así hai que consumir as patacas con xermolo evitando riscos

Así hai que consumir as patacas con xermolo evitando riscos

O científico Miguel Ángel Lurueña recomenda cociñalas pouco para evitar a formación dun composto tóxico

G24.gal 03/05/2023 13:30 Última actualización 03/05/2023 14:49

O doutor en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos e divulgador científico, Miguel Ángel Lurueña, recomenda tomar certas precaucións coas patacas con xermolo para evitar riscos. Neses casos, o almidón transfórmase en azucres, que as fai máis doces. 

"Ademais, cando as cociñamos poden xerar un composto potencialmente tóxico que se chama acrilamida. Isto ocorre se as fritimos e se poñen moi pardas ou van ao forno e se poñen marróns. Ocorre porque teñen moita cantidade de azucres e reaccionan", asegura.

Para evitalo recomenda cociñalas o xusto para que estean douradas. Para conservar as patacas o máximo posible, mellor gardalas en sitios frescos, secos e escuros. Importante tamén limpalas cando comezan a saír os xermolos. 

Hai só tres anos que se prohibiu o uso do clorprofam, o antixerminante que se empregaba nas patacas, polos seus riscos para os consumidores.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade