Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os expertos apostan pola selección xenética das vacas para conseguir o chamado leite A2

Os expertos apostan pola selección xenética das vacas para conseguir o chamado leite A2

Revalorización e control do produto lácteo galego nunhas xornadas técnicas

Metodoloxías novas para conseguir un produto diferenciado e máis competitivo

G24.gal 11/03/2022 22:23

O coñecemento das análises e os laboratorios achégase, en xornadas técnicas coma estas, os produtores e transformadores de produtos lácteos.

Metodoloxías que poden axudar ao sector gandeiro para conseguir un produto diferenciado e máis competitivo no mercado. Os expertos apostan pola selección xenética das vacas para conseguir o chamado leite A2.

Os laboratorios dispoñen xa de ferramentas para diferenciar os produtos lácteos e detectar e certificar a caseína A2. Con ela, din, revalorízase o leite e acada un prezo maior que o convencional.

Galicia, referente na produción de leite, ten xa unha posición distinguida nos controis de calidade e garantías sanitarias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade