Os expertos piden prudencia para evitar unha nova onda da pandemia
Os expertos piden prudencia para evitar unha nova onda da pandemia
Os inmunólogos lembran que os menores de 12 anos están sen vacinar
Nos próximos días poderian autorizar o primeiro antiviral oral
Os expertos cren que non se pode falar dunha nova onda da pandemia e insisten en que España está nunha situación mellor que os países da contorna europea,
porque hai máis xente vacinada, máis persoas protexidas que xa pasaron a enfermidade e ademais seguimos mantendo as máscaras.
"Agora ben, non é imposible que teñamos unha nova onda, non é imposible e polo tanto creo que a actitude debe ser non de alarma senón de alerta, expectante", di Amós García.
Jordi Cano, membro da xunta directiva da sociedade española de inmunoloxía, lembra que os menores de 12 anos estanse vacinando nos Estados Unidos pero en Europa ainda non. Un estudo realizado no Reino Unido revela que un de cada sete nenos infectados ten covid persistente.
Mentres, nas próximas semanas, as persoas contaxiadas poderían contar co primeiro fármaco oral contra a covid-19, ensaido por Pfizer e a farmaceútica Merck.
"os ensaios clínicos con estas pílulas fixéronse durante a infección e viuse que reducen, entre un 50 a de Merck e un 90 a de Pfizer a probabilidade de ter unha hospitalización grave e a morte" asegura Jordi Cano.
Pfizer está a espera a autorización para o seu antiviral. O Reino Unido xa aprobou o uso do fármaco de Merck e a Axencia Euorpea do Medicamento avalou o seu uso en situacións de emerxencia.