Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os familiares das vítimas do incendio das discotecas de Murcia piden ampliar a causa a un delito contra os traballadores

Os familiares das vítimas do incendio das discotecas de Murcia piden ampliar a causa a un delito contra os traballadores

Piden que se inclúa un delito contra os dereitos dos traballadores, xa que unha das falecidas estaría traballando sen contrato a noite do sinistro

G24.gal 20/02/2025 13:23

Os familiares das vítimas do incendio que en outubro de 2023 destruíu dúas discotecas de Murcia pedíronlle á xuíza que amplíe a instrución aberta por trece posibles delitos de homicidio imprudente.

Piden que se inclúa un delito contra os dereitos dos traballadores, xa que unha das falecidas estaría traballando sen contrato a noite do sinistro.

A Inspección de Traballo xa determinou en 2024 a situación laboral irregular desta persoa.

Os tres sobreviventes da traxedia que compareceron este xoves como testemuñas coincidiron en sinalar que a sala non cumpría as medidas de seguridade esixidas pola lei.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade