Os fans do anime e do manga celebran o Día do Orgullo Friki en Expotaku
Os fans do anime e do manga celebran o Día do Orgullo Friki en Expotaku
Expocoruña acolle unha nova edición da feira, cun centenar de expositores e moitas actividades
Expotaku é unhadas citas imperdibles para os amantes do manga e do anime xaponés. A feira está de novo na Coruña, coma sempre cun programa repleto de actividades e retos, entre eles o agardado concurso ao mellor disfrace. A competición de cosplay é un dos grandes momentos da convención. Detrás de cada caracterización, hai moitas horas de deseño e confección, horas dedicadas a recrear os seus personaxes favoritos.
"Eu crecín con Dragon Ball, Naruto e One Piece. Poder vir aquí e facer isto, coñecer xente cos meus mesmos gustos... Non teño palabras, a verdade".
"Sempre foi unha forma de evadirse, de tirar de imaxinación. Fomos medrando, pero segue gustándonos. É unha forma de pasar unha fin de semana amena", comentan dous cosplayers disfrazados dos personaxes de Once Piece.
O ritmo de Expotaku é frenético e o programa de actividades practicamente inabordable. Videoxogos, karaoke, talleres, retos, concursos de baile, xogos de mesa... entre eles un war game, un clásico dos noventa que atrapa.
"Son xogos moi inmersivos, que te metes na historia e pasan as horas voando. Pola mañá empezamos a xogar ás dez e cando nos decatamos eran as catro da tarde", explica un dos xogadores
Coma sempre, Expotaku reserva un espazo amplo para os expositores, nesta edición hai máis de cen, e tamén, para os artesáns e para os ilustradores. Creatividade e diversión a partes iguais nunha feira con acento nipón moi consolidada na Coruña.