Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os fans fixeron noite en Castrelos para conseguir entradas de platea para Aitana

Os fans fixeron noite en Castrelos para conseguir entradas de platea para Aitana

Os primeiros da longa ringleira de aspirantes agardaban desde onte a mediodía

Ás 9 da mañá empezaba a venda das 4.000 entradas de pago, a 15 euros 

O concerto do 3 de agosto permitirá o acceso libre á bancada do auditorio 

 

G24.gal 19/07/2024 14:58

Ás nove da mañá abríanse os despachos para a venda das 4.000 entradas que darán acceso á zona de platea do auditorio de Castrelos para o concerto de Aitana. Iso supuxo vir con tempo para asegurar un bo posto na longa ringleira de aspirantes. Os primeiros chegaron o xoves a mediodía. Cun tempo tan bo, moitos equiparan a experiencia de pasar a noite no parque con estar na praia ou nun campamento de verán.

Os que non facían un balance tan positivo eran os aspirantes a unha das escasas entradas para persoas con discapacidade, porque só lles reservaron oito, malia que, segundo os que adoitan acudir aos concertos de Castrelos, a plataforma para persoas con mobilidade reducida ten moita máis capacidade. 

Os que lograron entrada para a platea hoxe, amais da experiencia vivida esta noite, teñen moito camiño andado para estar preto de Aitana o próximo 3 de agosto. Ese día abrirase o acceso de balde para a parte das bancadas, pero tamén haberá que ir con tempo para asegurar o pase. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos