Os galegos adiantan as súas visitas aos cemiterios pola previsión de temporal

O mal tempo non frea a tradición e ninguén quere quedar sen visitar os seus seres queridos

O mal tempo non impediu que os galegos cumpran coa tradición
G24.gal 31/10/2023 20:06 Última actualización 31/10/2023 20:40

Moitos galegos aproveitaron que aínda non chove para adiantar a súa visita aos seres queridos. De feito semella que este ano fomos moi previsores ante a chegada da festividade de Todos os Santos con previsión de temporal.

O mal tempo non frea a tradición, e ninguén quere quedar sen visitar o cemiterio. Emoción, tristura ou morriña mestúranse nesta xornada que para algúns é especialmente emotiva.

Os cemiterios galegos son un continuo ir e vir nun día en que o gris do ceo mestúrase coas cores que deixan os ramos elixidos para cumprir coa tradición.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos