Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros galegos reciben só 49 céntimos por litro de leite, o prezo máis baixo de España

Os gandeiros galegos reciben só 49 céntimos por litro de leite, o prezo máis baixo de España

Cobraron dous céntimos menos da media española e case cinco menos que os gandeiros asturianos, que seguen a ser os mellor pagados

As explotacións galegas ven con preocupación o descenso do prezo en orixe e din que baixará aínda máis
G24.gal 03/05/2024 14:12

49 céntimos por litro de leite. Iso foi o que cobraron de media os gandeiros galegos ao peche do primeiro trimestre do ano. Segundo os datos do Ministerio de Agricultura, son os peor pagados de España, e a tendencia, din, non é moi alentadora.

Cobraron dous céntimos menos da media española e case cinco menos que os gandeiros asturianos, que seguen a ser os mellor pagados. Apuntan varios posibles factores, entre eles o papel das centrais leiteiras.

Máis de 350 explotacións galegas pecharon no último ano, o que non impide que Galicia siga tendo máis da metade dos produtores de leite de toda España. Ademais, no último ano a produción incrementou en 20.000 toneladas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade