Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros protestan ante a factoría de Larsa polos prezos do leite

Os gandeiros protestan ante a factoría de Larsa polos prezos do leite

Por cada litro de leite que producen perden 7 céntimos

No último ano pecharon en Galicia 380 explotación lácteas

Anuncian un boicot aos produtos de Larsa e Lactalis

G24.gal 16/11/2021 14:46

Os gandeiros trasladaron a súa protesta ante a fábrica de Larsa en Outeiro de Rei. Acusan a industria de bloquear a suba do prezo do leite en orixe e critican que por cada litro de leite que producen perden sete céntimos.

Nos últimos meses sinalan que os custos de produción subiron en máis dun 26 % e que a situación é insostible. Lembran que no último ano pecharon en Galicia 380 explotacións lácteas.

Os sindicatos reclaman prezos semellantes aos do resto de Europa onde se paga arredor de 38 céntimos por litro e de non ser así anuncian actos de protesta contra os produtos de Larsa e Lactalis.

Anuncian tamén mobilizacións ante o Ministerio de Agricultura se este non fai cumprir a Lei da cadea alimentaria que obriga a compensar o aumento dos custos de produción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade