Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros protestan en Vilalba polos prezos do leite en orixe

Os gandeiros protestan en Vilalba polos prezos do leite en orixe

Por cada litro de leite producido perden sete céntimos

Verteron 12.000 litros de leite diante da planta de Lactalis

G24.gal 11/11/2021 17:49

Centos de gandeiros bloquean os accesos á fábrica de Lactalis de Vilalba. Esparexen 12.000 litros de leite en protesta polos baixos prezos do leite en orixe.

Os gandeiros galegos aseguran que perden medio millón de euros ao día polos baixos prezos aos que lles pagan o leite. Producir un litro de leite cústalles uns 40 céntimos, pero eles só reciben 33.

Acusan as industrias de bloquear a suba dos prezos en orixe, incumprindo a Lei da cadea alimentaria que obriga a compensar os produtores polo aumento dos custos de produción. Os sindicatos agrarios pídenlle ao Goberno que faga cumprir esa lei. No último ano pecharon en Galicia 380 explotación lácteas.

Verten o leite porque o prezo ao que llelo pagan non lles dá para vivir. Por cada litro de leite que producen perden sete céntimos. 

Hoxe trasladaron as súas protestas ás industrias lácteas ás que acusan de bloquear os prezos do leite en orixe. Concentráronse diante a fábrica de Lactalis en Vilalba, grupo lácteo que cada día se abastece da produción de 1.200 gandeiros.

Cunha suba de máis do 26 por cento dos custos de produción, a solución, din, está en que se faga cumprir a Lei da cadea alimentaria.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade