Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os gandeiros vense na obriga de tirar o leite

Os gandeiros vense na obriga de tirar o leite

Situación de asfixia nas explotacións galegas, cos tanques cheos e sen poder vender o leite

G24.gal 18/03/2022 15:35

Litros e litros de leite polo chan dan testemuño da situación límite que viven os gandeiros. Non poden parar o seu traballo, as vacas teñen que comer e ser muxidas para evitar que enfermen. As explotacións están sufrindo grandes perdas. O único ingreso é a venda de animais e leite nunha industria que está paralizada. 

Ante a imposibilidade de darlle saída ao leite, algúns gandeiros fan un chamamento aos cidadáns para que vaian recollelo. 

Mentres, dende Unións Agrarias entenden que as reivindicacións dos transportistas son xustas, pero pídenlles responsabilidade. 

Para sindicatos e gandeiros, a única saída está no entendemento e o diálogo para desbloquear esta situación.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade