Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os independentistas aspiran a negociar un referendo de independencia unha vez aprobada a amnistía

Os independentistas aspiran a negociar un referendo de independencia unha vez aprobada a amnistía

Junts apunta que a amnistía "non é o punto final de nada" e ERC cualifícaa de "vitoria política"

A dirección do PSOE asegura que a postura crítica de Emiliano García-Page é "moi marxinal" dentro do partido

G24.gal 11/03/2024 14:37

Na semana en que, previsiblemente, se vai aprobar lei de amnistía, o PSOE insiste en que a medida é legal.

Para Camen Calvo, presidenta do Consello de Estado, "a amnistía, xuridicamente, é posible, aínda que non se estea de acordo con ela politicamente".

Un dos que non está de acordo con ela é o presidente de Castela-A Mancha, Emiliano García-Page. Este luns, tras insistir nas críticas noutra entrevista, a dirección do partido chamouno a capítulo.

Alfonso Rodríguez Gómez de Celis, secretario da Área Institucional do PSOE, preferiría que o barón socialista falase "nos foros internos, que o fai pouco". Segundo Gómez de Celis, "normalmente, a súa participación nos Comités Federais é falar na porta e despois calar dentro". Ademais, cualificou a posición de García-Page de "moi marxinal" dentro do PSOE.

Pola súa banda, os independentistas insisten en ir máis alá. Segundo Josep Rius, voceiro de Junts, "a lei de amnistía non é o punto final de nada, é un punto seguido".

Marta Vilalta, voceira de ERC, fixa como obxectivo "negociar e pactar un referendo de independencia para o noso país" e considera a amnistía "unha vitoria política".

Dende o PP, critican os socialistas, din que por deixarse "extorsionar" polo independentismo. Cuca Gamarra, secretaria xeral do partido, cre que "vano volver facer, que agora van pola autodeterminación". Na súa opinión, "o lamentable é que agora van coa colaboración do PSOE, da man de Pedro Sánchez".

Tras aprobarse no Congreso, a lei pasará ao Senado, onde o PP, coa súa maioría absoluta, pretende dilatar a súa tramitación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade