Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os líderes da UE prométenlle a Zelenski máis axuda militar para Ucraína

Os líderes da UE prométenlle a Zelenski máis axuda militar para Ucraína

A presidenta da Eurocámara apoia publicamente o envío de avións de combate

G24.gal 09/02/2023 20:29 Última actualización 09/02/2023 21:02

O presidente de Ucraína vaise de Bruxelas co compromiso dos 27 de enviaren máis axuda militar para Ucraína.

A presenza de Volodomir Zelenski monopolizou a xornada das institucións comunitarias. Foi recibido con aplausos no Parlamento Europeo e con apertas na reunión no Consello. En ambos os espazos, Zelenski trasladouslles aos líderes comunitarios a necesidade de acelerar a entrega de armas para resistir a ofensiva rusa.

"Precisamos as armas para sobrevivir", repetiu en varias ocasións. Os estados membros teñen pendente pechar a achega definitiva de carros de combate e debater sobre o seguinte paso que demanda Ucraína: o envío de avións, que publicamente apoiou este xoves a presidenta da Eurocámara. 

Estas decisións, para Pedro Sánchez, deben tomarse de maneira coordinada e discreta.

"Estamos traballando no marco da OTAN e co resto de países europeos. Vaise concretar todo, pero debemos ter discreción neste asunto", dixo o presidente do Goberno.

O presidente ucraíno desvelou un plan da intelixencia rusa para desestabilizar Moldova. E advertiulles aos líderes comunitarios que o seu exército loita por toda Europa, pola democracia, dixo, e polo modo de vida europeo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade