Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os maiores que viven sós volven xuntarse polo Nadal

Os maiores que viven sós volven xuntarse polo Nadal

Reactívase o programa 'Xuntos polo Nadal', extremando medidas de seguridade

G24.gal 24/12/2021 14:37

Repartidos en quendas de oito días e tras someterse a unha proba PCR e varias de antíxenos, 150 maiores pasarán estas festas na compaña de outros grazas a iniciativa 'Xuntos polo Nadal'. Un programa que tivera que suspenderse no 2020, debido á pandemia, pero que tras a vacinación regresou, cunhas estritas medidas sanitarias.

Celébrase na Residencia de Tempo Libre do Carballiño e na de Panxón ata o vindeiro 7 de xaneiro. Durante estes días comparten mesa, actividades e conversa. Unha iniciativa para afastar a soidade nestas datas tan especiais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade