Rueda anuncia 375 novas prazas en centros de maiores na provincia de Ourense
Rueda anuncia 375 novas prazas en centros de maiores na provincia de Ourense
O presidente da Xunta anunciou un investimento de 14 millóns de euros no proxecto
A provincia de Ourense vai contar con 375 novas prazas públicas en centros de atención a maiores. O presidente da Xunta anunciou un investimento de 14 millóns de euros. Segundo dixo, a achega da Deputación e o esforzo dos concellos foi fundamental.
"É un investimento grande, nunca se fixo un investimento tan grande coordinadamente, dunha soa vez e implicando a tantas administracións en servizos sociais", asegurou Rueda.
Dende o ano 2009, a Xunta triplicou a oferta de prazas públicas para maiores, pasando de 5.500 a máis de 15.000.
Alfonso Rueda destacou o apoio da Xunta ás persoas maiores e asegurou que o obxectivo da iniciativa é mellorar a calidade de vida das persoas e fixar poboación no rural.