Publicador de contidos
Publicador de contidos

Profesionais médicos recomendan moderación nas comidas e ceas do Nadal

Profesionais médicos recomendan moderación nas comidas e ceas do Nadal

Aconsellan evitar fritos, graxas e ultraprocesados e limitar o consumo de alcol

Recordan que os excesos poden redundar en trastornos dixestivos

G24.gal 11/12/2022 14:23 Última actualización 11/12/2022 15:08

Ceas de traballo, reunións con amigos e festexos coa familia fan de decembro o momento do ano en que pasamos máis tempo á mesa.

Aínda que só sexa nas datas sinaladas, poucos escapan ás comidas copiosas. Especialistas médicos aconsellan moderación.

"O que hai que intentar é aproveitar as pausas. Se comemos moito o 24 e o 25, intentemos non pasarnos o 26, 27, 28... ata o seguinte exceso, que sería o do 31", recomenda o doutor Gonzalo Guerra.

O director do Centro Médico-Cirúrxico de Enfermidades Dixestivas recorda que os excesos pasan factura.

"Quen tivese algo de antes, por exemplo unha gastrite crónica, váiselle agudizar; e ao que non tiña nada, de tanto forzar o fígado, o intestino, o estómago, pódeselle producir gastrite, gastroenterite, ou mesmo pequenas afeccións hepáticas como acumulación de graxa", explica.

O doutor Guerra recomenda evitar no posible os fritos, as graxas e os alimentos ultraprocesados e reducir ao máximo o consumo de alcol. Anima ademais a facer exercicio. Explica que non só queima calorías senón que mellora o traballo do intestino.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar