Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os mellores tres murais do mundo están en Galicia da man de Sfhir, Lula Goce e Yoe 33

Os mellores tres murais do mundo están en Galicia da man de Sfhir, Lula Goce e Yoe 33

Hai tempo que a arte saíu dos museos para chegar a calquera recuncho sendo realmente universal, e niso ten moito que ver a arte urbana

G24.gal 18/03/2024 20:08 Última actualización 18/03/2024 20:19

Nestes momentos Galicia é un dos epicentros da arte urbana cos tres mellores murais do mundo lucindo na nosa comunidade autónoma. A plataforma Street Art Cities outorgou as medallas de ouro, prata e bronce a diversas creacións situadas en Fene, Nigrán e Lugo.

Son A violonchelista, do artista madrileño Sfhir en Fene; A dona do esteiro, da galega Lula Goce en Nigrán, e Corpora, do galego Yoe 33 na cidade de Lugo.

Tras competir con medio cento de obras repartidas por todo o planeta, Galicia colócase no epicentro da arte urbana internacional. 

Afondamos nestas obras de arte que causan sensación e que xa son un novo reclamo turístico para estes lugares. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar