Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os menores de 65 anos infectados de covid recibirán a terceira dose ás catro semanas

Os menores de 65 anos infectados de covid recibirán a terceira dose ás catro semanas

As novas liñas da estratexia de vacinación intentar frear os contaxios de ómicron 

G24.gal 05/01/2022 17:15

As persoas menores de 65 anos que se infectaran de coronavirus recibirán a terceira dose ás catro semanas do diagnóstico, sempre que pasasen seis meses desque complataran a pauta. É a última actualización da estratexia de vacinación publicada este mércores.

Ademáis, o prazo para o reforzo que actualmente é de seis meses, podería reducirse axiña aos tres meses, segundo fontes da ponencia de vacinas, órgano que está a estudar a posibilidade de adiantar o reforzo igual que outros países. A decisión final será da Comisión de Saúde Pública.

É a primeira vez que a estratexia de vacinación detalla a terceira dose para o colectivo de entre 40 e 65 años que si regulara o pasado novembro a dos maiores de 70 e os internos en residencias.

O documento presentado hoxe recolle todos os acordos da Comisión desde entón dirixidos a intentar conter a vaga desatada pola nova variante ómicron, como ampliar o reforzo aos maiores de 40 e introducir a vacunación pediátrica de 5 a 11 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade