Os mercados visten de outono
Os mercados visten de outono
Os postos énchense de froitas e verduras que marcan o cambio de ciclo
Malia que estes días aínda conviven as froitas e verduras do verán coas do outono, o certo é que moitas xa comezaron a desaparecer. "Despedimos as froitas de óso, por exemplo", explican nun posto.
A estas ímolas despedindo para acoller cos brazos abertos as da nova estación. "Chegan as uvas, mazás, cítricos, castañas..., e en canto ás verduras xa hai nabizas, repolos, coliflor...".
E malia que estes días vai calor, os consumidores xa comezaron a cambiar os seus hábitos alimentarios. "Xa apetece comer de culler e, sobre todo, verduras"; "A ver se chegan as laranxas porque as que hai agora xa non me gustan moito".
Unha ampla variedade que permite multitude de posibilidades e adaptacións segundo as preferencias de cada un. Porén, merquen o que merquen, este outono vaise notar no peto. "Subiu todo respecto ao ano pasado arredor dun euro"; "O que máis subiu foron as xudías, entre dous e tres euros máis o quilo".
Así que para coidar a saúde e tamén a economía, as vendedoras recomendan mercar produtos de tempada e locais.