Cargando resultados...
Os ministros do Interior da UE reúnense en Logroño para avanzar no pacto migratorio
Os ministros do Interior da UE reúnense en Logroño para avanzar no pacto migratorio
G24.gal
20/07/2023 14:55
O pacto migratorio centra a reunión informal dos ministros europeos do Interior que se celebra en Logroño. Con motivo da presidencia española da Unión, Fernando Grande-Marlaska quere avanzar na reforma migratoria para que os Vinte e sete fixen unha postura común antes da tramitación na Eurocámara.
"Estamos avanzando. Os nosos equipos técnicos están traballando de forma importante, e esperemos que antes da finalización deste mes poidamos ter a postura do Consello. É a nosa prioridade", asegura o ministro español.
A comisaria europea do Interior tamén confía en que os estados membros alcancen un consenso sobre o regulamento de crise, a última parte desta reforma.