Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Mossos atopan ADN da moza violada en Igualada na casa do detido

Os Mossos atopan ADN da moza violada en Igualada na casa do detido

O xefe dos Mossos resaltou o labor dos axentes que rexistraron o domicilio en busca de probas incriminatorias

Josep Maria Ronse explicou que había moitos días que xa se sospeitaba do detido, un mozo latinoamericano de 21 anos

G24.gal 26/04/2022 13:01

Os Mossos atoparon ADN da menor de 16 anos que o pasado novembro sufriu unha brutal agresión sexual en Igualada (Barcelona) no rexistro do domicilio do presunto violador, en prisión desde o pasado sábado, día 23, acusado polo xuíz dos delitos de agresión sexual e asasinato en grao de tentativa.

Así o confirmou o comisario xefe dos Mossos d'Esquadra, Josep Maria Ronsel, nunha entrevista en RAC1. O pasado xoves, 21 de abril, os Mossos d'Esquadra detiveron de madrugada en Igualada o presunto autor desta violación e ese mesmo día, en presenza do arrestado, practicaron un minucioso rexistro da súa vivenda en procura de probas, como mostras de ADN da moza agredida sexualmente.

"A satisfacción é enorme. Éo para min, para a organización e especialmente para o grupo que traballou de forma intensa, a unidade central de agresións sexuais e os mandos do territorio", dixo Ronsel.

O xefe dos Mossos resaltou o labor dos axentes que rexistraron o domicilio en busca de probas incriminatorias, para que o xuíz teña os elementos necesarios de fronte ao proceso xudicial en marcha.

Sen dar máis detalles concretos da investigación, que segue baixo segredo de actuacións, o xefe dos Mossos explicou que facía moitos días que xa se sospeitaba do detido, un mozo latinoamericano de 21 anos. Constatou que se tratou dunha agresión "moi seria", preto da "traxedia", e que a moza puido morrer.

O avogado da vítima fala para o 'Bos días'

O avogado da vítima, Jorge Albertini, foi entrevistado hoxe no programa Bos días para dar algúns detalles sobre o caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade