Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os negocios de Gondomar, asfixiados pola factura eléctrica

Os negocios de Gondomar, asfixiados pola factura eléctrica

Os hostaleiros de Gondomar din ver o futuro moi negro con facturas que non saben como baixar sen repercutilo nuns consumidores

G24.gal 11/10/2022 14:31

A factura eléctrica esta a ser mais do triplo para moitos hostaleiros, que non ven como van chegar a fin de mes nos meses de outono. Moitos ven o futuro moi negro con facturas que non saben como baixar sen repercutilo nuns consumidores que tamén están a pagar facturas mais altas.  

Impotencia e retranca. Diso tira esta hostaleira de Gondomar cuxa factura eléctrica se triplicou nuns meses. Os custos son inasumibles para moitos. Os gastos crecen e téñenllos que repercutir ao consumidor. Paulino ten á vista dos clientes as últimas facturas, para que comprendan por que tivo que subir os prezos.

Os hostaleiros teñen unha dobre cruz, porque pagan tamén en calidade de consumidores. A preocupación aumenta coa chegada do outono co frío e os días máis curtos que aínda subirán máis unha factura eléctrica desorbitada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade