Os novos e os maiores seguen confiando na cabeza e no papel para facer a lista da compra
Os novos e os maiores seguen confiando na cabeza e no papel para facer a lista da compra
Existen unhas vinte aplicacións con que elaborar a lista da compra para non esquecer nada
Cada vez é máis frecuente que a tecnoloxía nos axude a organizar os labores diarios. Hoxe en día existen unhas vinte aplicacións con que elaborar a lista da compra para non esquecer nada e non gastar de máis. Lonxe da última tecnoloxía seguen sendo moitos, incluso os máis novos, os que non se despegan aínda da clásica lista de papel para levar ao supermercado.
Facer o inventario dos alimentos que hai que mercar para non esquecer nada e aforrar é un conto vello. O novo é o soporte. Hoxe xa é posible levar a lista da compra nun reloxo intelixente ou usar unha das 17 aplicacións que existen. Sen embargo o papel e a cabeza seguen sendo aínda os reis de calquera táboa de elementos.
Porque despois da confianza na memoria ou nunha folla de papel está a recente familiaridade co teléfono móbil ou as tabletas. Ata aí, e por agora, non máis alá.
Non só os maiores non usan estas aplicacións de listas da compra. Os máis novos tampouco o fan aínda dun modo xeneralizado. O esquecemento das cousas sen lista, iso si, en calquera soporte, é común para todas as idades.