Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os nutricionistas recomendan verduras, auga e hortalizas na dieta de verán

Os nutricionistas recomendan verduras, auga e hortalizas na dieta de verán

Tamén optan polo leite enteiro en pequenas cantidades

Nos restaurantes xa se nota a dieta de verán

G24.gal 05/06/2024 19:31 Última actualización 05/06/2024 20:38

Nas cartas dos restaurantes xa se nota a suba das temperaturas, e as ensaladas, peixes á prancha ou minestras ocupan cada vez máis sitio. Coa calor e as horas de luz, o corpo non quere os pratos máis contundentes típicos do outono e do inverno, nin o benefician.

"Agora todo máis lixeiro, e no inverno máis guisado".

"Ensalada, peixe, froita... todo lixeiro".

Incluso hai quen opta por opcións máis extremas para que o corpo asimile mellor e de xeito máis selectivo os alimentos.

"Non comer durante 16 horas é bo para a saúde".

O cambio climático tamén inflúe na dieta. Por exemplo, na provincia de Lugo houbo 27 graos a comezos de marzo e nevou a mediados de maio. Por iso, o mellor é manter unha dieta equilibrada ao longo do ano. Pero, que pasa no verán cos lácteos, tan importantes na dieta galega?

"Derivados do leite sempre, pero mellor enteiros ca desnatados. Porque achegan vitamina D, que falta en Galicia", di a nutricionista Ángeles Novo.

Así, a clave é consumir todo tipo de alimentos, pero nas doses máis acaidas para a calor e o tempo solleiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade