Os ovos de estrela Michelin están en Vila de Cruces
Os ovos de estrela Michelin están en Vila de Cruces
Galo Celta destaca a xema destes ovos, que é máis consistente, máis grande e con máis graxa
Non son ovos convencionais, son os máis caros do mundo. Poden chegar aos 2 € por unidade. Destaca pola súa xema.
David Sueiro, de Galo Celta, ten claro cal é a característica principal deste ovo: "É un ovo, como nos gusta denominalo, de galiña vella, pitas que teñen máis de 2 anos, xema máis grande, esa xema ten máis graxa e é máis consistente".
Ademais, a alimentación destas pitas baséase en cereais, controis estritos e crianza con benestar.
Moitos dos clientes son estrelas Michelin, chefs de cociña de autor, aínda que tamén hai algún particular. Amais, están presentes nos comedores de Inditex.
Teñen ovos tamén de diferentes cores: branco, azul ou moreno, dependendo da pel da pluma da galiña.