Publicador de contidos
Publicador de contidos

Tres estrelas Michelin nos menús de Nadal do Complexo Hospitalario de Ourense

Tres estrelas Michelin nos menús de Nadal do Complexo Hospitalario de Ourense

Robaliza, peixe sapo, pastel de cabracho ou papos de tenreira galega con salteado de cogomelo son algúns dos pratos que degustarán as persoas ingresadas no hospital 

G24.gal 15/12/2023 20:41 Última actualización 15/12/2023 20:50

Entre os fogóns da inmensa cociña do Complexo Hospitalario de Ourense trasfegan os cociñeiros de tres estrelas Michelin, os restaurantes Nova, Ceibe e Miguel González, que apadriñan os menús de Nadal e fan as súas propias achegas, como o punto idóneo deste risotto verde da cea de Noiteboa.

 Dani Guzmán, cociñeiro do restaurante Nova: "Asesorar como pode chegar ese arroz nas mellores condicións, tendo en conta que é unha cociña diferida, que se cociña nun momento e se distribúe noutro".

Guzmán súmouse á iniciativa con coñecemento de causa. O seu pai, xa xubilado, foi xefe de cociña no CHUO. "El sempre dixo que dirixía o hotel máis grande da provincia, no que non hai un só cliente que estea a gusto", engade.

Queren, coa súa presenza, poñer en valor o labor diario das máis de cen persoas que traballan na cociña do hospital.

 Lidia del Olmo, cociñeira do restaurante Ceibe: "Parécenos unha iniciativa xenial. O hospital xa cumpre cun menú con materia prima de calidade e nós estamos encantados de achegar  o noso gran de area nestas datas".

Robaliza, peixe sapo, pastel de cabracho ou papos de tenreira galega con salteado de cogomelo son algúns dos pratos dos menús de Nadal.

 Antonio Pazos, xefe de cociña do CHUO "Pretendemos que os nosos pacientes gocen dun menú semellante ao que poden tomar nas súas casas".

Os que poden, collen a alta para pasar as festas coa familia, pero aínda así, calculan que unhas seiscentas persoas celebrarán no hospital o Nadal e a Noitevella.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar