Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno presenta a proposición de lei para aprobar os novos impostos á banca e ás enerxéticas

O Goberno presenta a proposición de lei para aprobar os novos impostos á banca e ás enerxéticas

O Goberno gravará os intereses e as comisións á banca, pero non os beneficios, segundo adiantan varios medios

G24.gal 28/07/2022 08:50 Última actualización 28/07/2022 17:00

Esta mañá presentouse no Congreso a proposición de lei cos novos impostos que anunciou o Presidente Sánchez no debate da Nación, para as empresas enerxéticas e a banca.

Rexistrárona PSOE e Unidas Podemos. Co imposto, o Goberno quere recadar 3 mil millóns de euros nos próximos dous anos para financiar as medidas contra a inflación.

Con este imposto á banca, o executivo gravará intereses, comisións e marxes da banca.

O Goberno encoméndase a Comisión Nacional de Mercados e a Competencia e o Banco de España para que sancione as empresas se repercuten o custe aos usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade