Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pasaxeiros dos trens Lugo-Madrid teñen que seguir facendo tramos en autobús

Os pasaxeiros dos trens Lugo-Madrid teñen que seguir facendo tramos en autobús

O tramo entre a capital luguesa e Monforte non estará listo ata fin de ano

Adif confía en abrir en outubro o de Lemos a Ourense, que acumula cinco meses de demora

G24.gal 04/07/2024 13:08

O tramo Baamonde-Monforte, que atravesa a cidade de Lugo, non estará listo ata o 31 de xaneiro do vindeiro ano. E o que une Monforte con Ourense vai estar completamente pechado ata o 30 de setembro como mínimo. Son as consecuencias das obras que se están a acometer na vía férrea e que a propia Adif recoñece que poderían prolongarse, de xeito que se producirán cortes parciais. Os veciños de Lugo piden celeridade nos traballos.

"Si que hai que ir en bus ata Monforte. Vai a obra lenta".

"Eu o tren non o vexo nunca e eso que vivo aquí mesmo".

"O problema son as obras, que non as dan acabado".

Como consecuencia disto, os pasaxeiros teñen que ser trasladados en autobús entre as estacións de tren. Algo que afecta tanto os que veñen de Madrid como os que van á capital, coa conseguinte demora por ter que facer os transbordos e desprazarse de xeito máis lento. As obras tamén comezan a cansar os veciños.

"Teñen estado traballando con maquinaria ata a unha e media da mañá", asegura un deles.

O tramo Monforte Ourense ía estar listo para o 30 de marzo pero, como mínimo, vai acumular 5 meses de demora. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade