Os pasaxeiros dun voo de Ryanair estiveron máis de catro horas dentro dun avión na Lavacolla tras impactar nel un raio
Os pasaxeiros dun voo de Ryanair estiveron máis de catro horas dentro dun avión na Lavacolla tras impactar nel un raio
Os pasaxeiros dun voo de Ryanair estiveron máis de catro horas dentro dun avión na Lavacolla tras impactar nel un raio
Os pasaxeiros estiveron dentro do avión desde ás 15:00 ata as 19:15, cando comenzaron a desembarcar, malia que había nenos e bebés
Os pasaxeiros estiveron sen auga nin comida malia que se ofreceron a mercala
O avión ía voar con destino a Tenerife Sur cando un raio impactou nunha á, segundo informou Ryanair aos pasaxeiros
Os pasaxeiros do voo de Ryanair con destino a Tenerife Sur que embarcaron ás tres da tarde deste domingo en Santiago de Compostela non puideron desembarcar ata preto das 19:30 no mesmo aeroporto da Lavacolla. Os pasaxeiros, segundo lle contaron á TVG cando estaban aínda dentro do avión, pasaron catro horas sen comida nin bebida, malia que lla pediron á tripulación e intentaron mercala. Entre os pasaxeiros había varios menores, algún deles aínda bebé.
O avión non puido saír á hora prevista porque lle caeu un raio que impactou nunha á, segundo informou a compañía de baixo custo aos pasaxeiros. Segundo contou aos servizos informativos de Televisión de Galicia una pasaxeira de Santiago de Compostela retida no interior, nese tempo estiveron entrando e saíndo os técnicos e enxeñeiros para revisar as condicións do aparello. Inicialmente, a avaría parecía leve, segundo lles dixeron aos viaxeiros.
A pasaxeira que falou con TVG cando se encontraba no interior do avión relatou que a tripulación, inicialmente, lles ía dicindo que sairían en 20 minutos, despois que en medía hora e que así o tempo se foi alongando ata pasar das catro horas.
Finalmente comezaron a desembarcar pasadas as sete da tarde. A esa hora o ambiente no avión xa estaba tenso e os nenos xa comezaran a chorar e a poñerse nerviosos.
Contra as oito da tarde os pasaxeiros aínda estaban na terminal do aeroporto e sen saber cando e como os ían embarcar con destino a Tenerife.