Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os patinetes deberán contar cun seguro obrigatorio, segundo o proxecto de lei que aprobou o Goberno

Os patinetes deberán contar cun seguro obrigatorio, segundo o proxecto de lei que aprobou o Goberno

A normativa obriga aquelas máquinas agrícolas que poidan ter un uso ocasional de transporte a contar cunha póliza de Responsabilidade Civil

O proxecto de lei, que traspón unha normativa europea, non entrará en vigor ata 2026

G24.gal 30/05/2024 21:00 Última actualización 30/05/2024 21:33

O proxecto inicial aprobado polo Goberno centra o foco nos patinetes, vehículos que van en aumento e están implicados en cada vez máis accidentes. Afecta a aqueles modelos de máis de 25 quilos de peso e que acaden unha velocidade de máis de 14 quilómetros por hora.

Xa moitos usuarios de patinetes preferiron adquirir xunto ao vehículo, un seguro, que custa menos de 30 euros ao ano, que lles cubra calquera incidente. "Dende que teño o patinete xa teño un seguro, e coido que todos o deberamos ter por responsabilidade por se pasa calquera cousa", sinala unha persoa, que di que paga 27 euros ao ano pola póliza.

A normativa inclúe tamén unha novidade respecto a aquelas máquinas de uso agrario, que ata agora non tiñan matrícula nin seguro, pero que puidesen ocasionalmente servir como medio de transporte, por exemplo, os motocultores.

Aínda que pode sufrir modificacións, os expertos sinalan que a lei fixa a obrigatoriedade máis polo uso que teña o vehículo que polo tipo de aparato.

A norma traspón unha directiva europea. Calcúlase que ata o 2026 non entre en vigor e fixará un prazo para que os titulares subscriban unha póliza antes de impoñer sancións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade