Os peóns representan o 20 % das vítimas mortais en accidentes viarios
Os peóns representan o 20 % das vítimas mortais en accidentes viarios
Stop Accidentes inicia na Coruña a campaña de sensibilización "Móvete seguro"
As últimas estatísticas do Observatorio Nacional de Seguridade Viaria non son boas para o colectivo máis vulnerable nas estradas. En 2022 faleceron en accidentes de tráfico 348 peóns, cincuenta máis que o ano anterior. O 61 % dos accidentes aconteceron en vías urbanas.
Seis de cada dez vítimas superaban os sesenta e cinco anos. A todos os peóns, pero sobre todo aos maiores, vai dirixida a campaña de sensibilización que Stop Accidentes puxo en marcha na Coruña, aproveitando o inicio da Semana Europa de Mobilidade.
A iniciativa ten por lema "Móvete Seguro" e anímanos a camiñar con calma, prudencia e paciencia, sen distraccións como o móbil. Tamén salienta a importancia de utilizar elementos reflectores, especialmente nas zonas sen beirarrúa.