Os pescadores de río do Baixo Miño piden que lles deixen traballar máis días
As borrascas Herminia e Ivo e as soltas de auga na Frieira diminuíron as capturas
A pesca de meixón e lamprea no curso baixo do Miño sufriu polas grandes borrascas de principios de ano: Ivo e Herminia. Non se pode facer nada contra a natureza.
Pero o máis de medio cento de pescadores que traballan desde A Guarda ata Amorín, en Tomiño, teñen outra ameaza: as soltas de auga do encoro da Frieira, que inflúen no movemento dos peixes, facéndolles perder capturas. Por iso piden que se incrementen os días de pesca.
Algúns exemplares de meixón acaban mortos e outros non se poden pescar polo caudal de auga. Nos últimos dous anos os días de pesca xa se reduciron de sesenta a trinta, cada vez gañan menos cartos e poderían mesmo non chegar ao tope de ingresos que lles esixen para obter a licenza.
Tampouco entenden por que a eles se lle restrinxe a pesca cando si se lles deixa pescar no Tea, que é onde desovan os peixes