Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os pescadores galegos están entre os mellor pagados de España

Os pescadores galegos están entre os mellor pagados de España

Segundo o Instituto Social da Mariña, os seus salarios oscilan entre os 1.400 e os 2.800 euros

Os que máis cobran son os patróns dos barcos que faenan en augas internacionais

G24.gal 07/02/2022 17:14

Os pescadores galegos están entre os mellor pagados de España. En 2021 cobraron, segundo datos do Instituto Social da Mariña, soldos entre os 1.450 euros ao mes e os case 2.800. Só están mellor pagados os dalgunhas modalidades de pesca da frota vasca ou do Mediterráneo.

Os salarios dos mariñeiros están vencellados ao valor das capturas. Cobran máis os que van enrolados en arrastreiros, palangreiros de fondo e volanteiros que traballan en augas internacionais. Os patróns e os xefes de máquina deses barcos poden chegar aos 2.800 euros mensuais. Tamén son os que máis tempo pasan fóra da casa.

Xavier Touza, presidente da Cooperativa de Armadores de Vigo, di que "é un traballo moi duro, implica moitas renuncias coa familia e amizades. Son espazos confinados, dependes das condicións climatolóxicas".

Segundo os datos do Instituto Social da Mariña, os que menos cobran son os mariñeiros que van nos barcos de baixura e os marisquean a pé. Entre 1.400 e 1.600 euros. Condicións, recoñecen, moito mellores que as que tiveron os veteranos do mar.

José Manuel Rosas, presidente da Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, asegura que "no marisqueo hai remuda xeracional. Ás veces saen a concurso sete ou dez permisos para marisqueo, e apúntase moita xente, hai grande interese".

Os salarios mantivéronse o ano pasado sen cambios. No caso do marisqueo subiron uns 15 euros ao mes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar