Cargando resultados...
Os lugares asediados polo incendio ansían recuperar a normalidade
Os lugares asediados polo incendio ansían recuperar a normalidade
Na Pobra de Brollón o lume non afectou as casas, pero danou o servizo de luz e auga
Os veciños agora céntranse en poñer medios para evitar que se repita a situación
G24.gal
30/07/2022 14:45
Aínda no horizonte percíbense fumaredas que lembran o incendio que durante dúas semanas acabou con case 2.500 hectáreas en Pobra de Brollón. Arrasou co monte, pero non afectou persoas.
Unha reflexión que se fai para que o lume non volva achegarse ás casas. Ocorreu en varias aldeas da Pobra de Brollón, que finalmente se salvaron. Agora só queda recuperarse.
Iso si, o lume provocou danos en liñas de auga e de luz, que xa se restableceron.