Cargando resultados...
Concellos, como Friol, recorren a incentivos para asentar poboación no rural
Concellos, como Friol, recorren a incentivos para asentar poboación no rural
En Friol conceden axudas de 1.200 euros por cada nacemento para animar a familias novas
G24.gal
20/11/2022 14:35
Última actualización 20/11/2022 14:44
A chuvia matinal fai que Friol pareza hoxe deserto, pero o certo é que ten moita vida.
Non chega a 3.700 habitantes, pero o 8% da poboación de Friol é menor de 18 anos. Este concello lugués, un dos máis grandes de Galicia en canto a superficie, aposta desde hai anos por atraer a mocidade.
Chegado hai pouco de Toledo, este veciño valora os servizos que ofrece a localidade.
E os residentes apostan por quedar en Friol.
Para animar o asentamento de poboación este concello ofrece 1.200 euros por cada nacemento, conta cun servizo de atención á infancia e bonifica a instalación de empresas na localidade.