Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os policías acusados de matar a Diego Bello seguen fuxidos

Os policías acusados de matar a Diego Bello seguen fuxidos

G24.gal 15/06/2022 18:08 Última actualización 15/06/2022 18:38

Seguen en paradoiro descoñecido os tres policías procesados por asasinar o coruñés Diego Bello en Filipinas.

Así o denunciou este mércores a policía nun comunicado.

O 25 de marzo un xuíz decretou prisión sen fianza para o tres axentes.

O capitán Vicente Panuelos e os sarxentos Ronel Azarcón e Nido Boy Esmeralda cometeron, supostamente, o asasinato o 8 de xaneiro de 2020.

O crime produciuse na localidade de General Luna na illa de Siargao.

Transcorridos case tres meses desde a orde de prisión, os axentes non foron arrestados.

A policía aseguraba que Bello era un narcotraficante de alto valor que disparou primeiro aos axentes.

A Comisión de Dereitos Humanos de Filipinas concluíu o verán de 2020 que "a policía disparou deliberadamente a matar".

Diego Bello nunca figurou na lista de persoas relacionadas co narcotráfico elaborada polo concello da localidade onde vivía.

Natural da Coruña, Diego tiña  anos e rexentaba varios negocios turísticos en Filipinas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade