A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023
A cesta da compra modérase, pero é un 20 % máis cara ca no 2023
O aceite é a estrela da suba dos prezos tras meses estancado nos 10 euros
As previsións apuntan a que a inflación baixará neste 2024
Pasar pola caixa do supermercado non é a mellor experiencia. Levamos moito tempo notándoo no noso peto e se facemos unha comparativa co último ano, podemos facer unha listaxe dos produtos que mais encareceron nos últimos doce meses.
O IPC de marzo subiu catro décimas ata o 3,2 % pero a culpa do ascenso é dos prezos da electricidade e dos carburantes e non dos alimentos, que manteñen a tendencia á moderación dos últimos meses.
Aínda así, os consumidores non ven cambios porque a cesta da compra segue disparada tras máis de dous anos de subas continuadas.
Nin as rebaixas do IVE nin as ofertas dos supermercados alivian o peto dos consumidores. A cesta da compra básica é agora un 20 % máis cara que hai un ano.
O aceite é a estrela da suba dos prezos dos alimentos. Leva cinco meses estancada nos 10 euros e sen trazas de abaratarse a curto prazo.
Os expertos prevén que neste 2024 os prezos poden empezar a controlarse e o contido da cesta da compra poida ir aumentando pouco a pouco.