Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os produtores da IXP Faba de Lourenzá perderon máis do 80 % da colleita

Os produtores da IXP Faba de Lourenzá perderon máis do 80 % da colleita

Piden axudas públicas para salvar unha campaña desastrosa, a peor que lembran

Tiveron que multiplicar o gasto en fitosanitarios, o que aumentou as perdas millonarias

Os sacos de fabas que non serven para a súa venda están a ser destinos ao consumo animal
Félix Aragunde 23/01/2025 19:38

En moi mal estado. Así quedou a gran maioría da produción da IXP Faba de Lourenzá, con máis do 80 por cento inservible para a súa comercialización. Coas intensas chuvias e coas altas temperaturas rexistradas, proliferaron fungos que estragaron o cultivo case por completo.

De feito, a quinta parte que se salvou estase a vender a máis de 17 euros o quilo.

José Ángel Marful, produtor e envasador da IXP Faba de Lourenzá: "Aínda que chova algo, á faba non lle pasa nada, pero se chove seguido, non seca e a auga e acaba tendo fungos e ácaros, que non temos con que combater".

Maruxa Rocha, Fabas Maruxa: "Un día as fabas estaban ben e ao seguinte estaban todas negras. E con tanta chuvia sulfatalas non funcionaba. Non sei dun ano coma este".

Ás perdas sufridas hai que sumar os gastos en fitosanitarios, que se dispararon este ano para o tratamento das patoloxías. Os produtores reclaman, polo tanto, axudas para o sector.

José Ángel Marful, produtor e envasador da IXP Faba de Lourenzá: "Os sindicatos están a tratar de falar agora coa Consellería para que nos dean unha axuda por esta desgraza, ao igual ca en Asturias, e que nos permitan usar produtos para estes casos".

Un ano normal prodúcense na Mariña uns 600.000 quilos de faba, que xeran na comarca ingresos de máis de 6 millóns de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade