Publicador de contidos
Publicador de contidos

O rei Filipe VI e a raíña Letizia xantan coa princesa Leonor en Vilagarcía de Arousa

O rei Filipe VI e a raíña Letizia xantan coa princesa Leonor en Vilagarcía de Arousa

Os monarcas e a princesa saen do restaurante. EFE/Lavandeira
G24.gal 28/09/2024 20:05 Última actualización 29/09/2024 09:22

O rei Filipe VI e a raíña Letizia xantaron este sábado coa princesa Leonor nun restaurante de Vilagarcía de Arousa.

Os monarcas xa mantiveran un "breve encontro" privado coa súa filla o venres na Escola Naval de Marín, no que tamén participou Xoán Carlos I.

Pola noite, Filipe VI e Letizia cearon en Combarro para celebrar o 40 aniversario da súa promoción na Armada cos compañeiros.

A vindeira semana, o monarca tamén estará en Pontevedra para inaugurar no Grove o foro A Toxa-Vínculo Atlántico.

Outra imaxe da familia en Vilagarcía. Europa Press Outra imaxe da familia en Vilagarcía. Europa Press
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade