Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos madrugan para visitar as aldeas do rural ourensán

Os Reis Magos madrugan para visitar as aldeas do rural ourensán

A veciñanza, pequenos e maiores recibíronos con ilusión e alegría

Nun remolquen percorreron 10 aldeas de Oímbra e levaron agasallos a 140 nenos e nenas

Maiores e nenos do concello de Oímra reciben a visita dos Reis Magos.
G24.gal 05/01/2022 14:53

Non só nas vilas e as cidades galegas, Melchor, Gaspar e Baltasar, tamén estiveron nas aldeas do rural pola provincia de Ourense. Entre aplausos, a veciñanza de Videferre, en Oímba, recibe os Reis Magos, que madrugaron para percorrer as aldeas da comarca de Monterrei.

"Xa non hai ningún neno, é unha pena, pero os maiores taménnos merecemos algo". "Tamén nos fai ilusión, algo de ilusión sempre temos", din dúas veciñas de Videferre. 

Xa non hai nenos nesta aldea, pero os maiores volven ser pequenos por un día e lembran como celebraban os Reis, cantando. Como o facían antano cando tamén eran nenos. Contan que ían cantando polas casas dos veciños, e que lles daban o que podían, uns caramelos ou unhas pesetas. Aseguran que o pasaban "bomba", e que "era moi bonito".  E animáronse a cantar uns Reis ante a cámara da Televisión de Galicia. 

Xornada de moito traballo para os Magos de Oriente, que van visitar 10 aldeas do concello de Oímbra.

Na aldea de Espiño, os nenos que pasan estes días na aldea sorprendéronse coa inesperada visita e recibiron o seu agasallo.

"Espectacular, é a primeira vez que vexo que os Reis Magos veñen a Espiño", di emocionado un dos cativos que recibiu o seu agasallo da man dos Reis de Oriente.

Pequenos e maiores gozan hoxe dunha xornada chea de maxia e ilusión e tamén lles trasladaron as súas peticións.

"Por pedir que non quede. Saúde e paz para o mundo para o mundo que fai falta. Saúde para todo e que se acabe esta pandemis, por deus que é o principal", din dúas veciñas de Videferre, do concello ourensán de Oímbra. 

As veciñas de Videferre animáronse a cantar os Reis como facían cando eran pequenas.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade