Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os Reis Magos visitan o Hospital Materno Infantil da Coruña

Os Reis Magos visitan o Hospital Materno Infantil da Coruña

Emoción e moita alegría coa chegada dos Magos de Oriente

Os nenos que están ingresados quedaron pasmados ao ver as súas maxestades entrar nos seus cuartos

G24.gal 05/01/2024 14:53

A ilusión e a felicidade encheron este mediodía o Hospital Materno Infantil da Coruña coa chegada dos Reis Magos. As súas maxestades de Oriente foron recibidas cunha calorosa benvida tanto por parte dos sanitarios coma dos nenos que están ingresados.

"Tiñamos que facer esta visita porque así xa lles dicimos a estes nenos que van ter os seus regalos nas casas. Pero aquí tamén lles dimos un agasallo", explica o Rei Gaspar.

Melchor, Gaspar e Baltasar aseguraron que están moi satisfeitos de como se portaron este ano todos os cativos.

"Ningún foi atravesado. Este ano se portaron todos moi ben", di Melchor.

"Iremos a todas as casas e todos os nenos terán agasallos", engade Baltasar.

"Como son moitas casas, os que queiran poden deixarlles auga ou leite aos camelos. Nós cunhas galletas xa nos conformamos", di Gaspar.

E para deixalos traballar coa súa maxia e con total tranquilidade, esta noite toca deitarse cedo para erguerse mañá e comprobar se os Magos de Oriente cumpriron coas nosas peticións.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade